Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2013/18-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT estr. Albar.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas:

LMT subterránea a 15 kV de 464 metros, con condutor RHZ1 e orixe no paso aéreo a subterráneo da LMT existente BDV704 e remate no CT proxectado A Barxa de 160 kVA e R/T 15000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 220 metros en aéreo con condutor RZ e 171 metros en subterráneo con condutor RZ e 171 metros en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado A Barxa.

Orzamento: 140.401,56 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 13 de marzo de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. IN407A 2013/18 Concello: O Barco de Valdeorras Provincia: Ourense

LMT, CT e RBT Albar

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml. aér.

ml. sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

A Marx

Monte baixo

María de los Ángeles Blanco Quiros

Doutor Pérez Lista, nº 18, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense

CT

13.0