Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/38-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Cie Galfor, S.A.

Domicilio social: polígono industrial S. Cibrao das Viñas, rúa 2, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: subestación 17,65 mVA, 132/20 kV.

Situación: San Cibrao da Viñas.

Características técnicas:

– Subestación eléctrica composta por:

Posición de liña e de transformador 132/20 kV 1×17,65 mVA.

Unha posición de celas de distribución de 20 kV, cun transformador de servizos auxiliares, de 50 kVA R/T 20.000/420 V.

Dúas liñas de 20 kV con condutor RHZ1-12/20kV 3×(1×400)mm2 Al desde o local de distribución ata o local CT0 actual, situado na factoría.

Embarrado con condutor LA-455.

Equipamentos de protección e control en interior do edificio.

Orzamento: 606.019,00 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 8 de xaneiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense