Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1236/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1236/2012 deste xulgado do xocial, seguido a instancia de Francisco Javier Nieto Míguez contra a empresa Maderas Ameijenda, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Primeiro. Aceptar a demanda sobre despedimento formulada por Francisco Javier Nieto Míguez fronte á empresa Maderas Ameijenda, S.L. e, dando por feita a opción pola indemnización, declaro extinguida a relación laboral na presente sentenza, condenar o empresario ao aboamento da indemnización por despedimento por importe de 756,03 euros.

Segundo. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.1236.12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, ter consignado na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.1236.12, a cantidade obxecto de condena, ou ter formalizado aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Ameijenda, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 2013

O secretario xudicial