Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10285

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2012/13.

Por Resolución do 11 de maio de 2012 (DOG nº 106, do 5 de xuño) fíxose pública a convocatoria de subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para o período 2012/13. As bases reguladoras da convocatoria foran aprobadas por Resolución do 23 de maio de 2011 (DOG nº 112, do 13 de xuño). E a Resolución do 12 de febreiro de 2013 (DOG nº 37, do 21 de febreiro), modificou a do 11 de maio de 2012, reaxustando as anualidades do crédito destinado ás axudas e modificando os prazos de xustificación.

A dotación orzamentaria é a seguinte:

Medida

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Total

313

350.000

450.000

800.000

321

870.000

1.230.000

2.100.000

323

280.000

320.000

600.000

Total

1.500.000

2.000.000

3.500.000

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no diario oficial correspondente as subvencións concedidas.

Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas, exixe publicar na páxina web a concesión das subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Agader
(http://agader.xunta.es), o resultado do proceso de concesión das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para o período 2012/13, convocadas por Resolución do 11 de maio de 2012.

Segundo. Facer público na páxina web de Agader (http://agader.xunta.es) e no taboleiro de anuncios de Agader (A Barcia, 56, Laraño, Santiago de Compostela) a relación de solicitudes aprobadas, as excluídas por incumprir algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, por non presentar a documentación requirida, presentala deficientemente ou fóra de prazo, ou por ter desistido/renunciado de forma expresa, así como as que non acadaron as puntuacións mínimas acordadas pola comisión de avaliación para cada medida.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Cód. expte.

Denominación

Solicitante

Orzamento aceptado

Puntuación

% axuda

Importe axuda

Medida - 313

D12-31300-A269

Mellora e promoción do belén artesanal en movemento

Asociación Cultural Amigos do Belén

6.222,68

36

75

4.667,01

D12-31300-A197

Vedra: Son para o lecer

Asociación para a dinamización e promoción de Vedra «Casa dos peóns»

30.680,00

31

70

20.000,00

Medida - 321 

D12-32110-A203

Servizo de cociña do centro de recursos para persoas con discapacidade de «A Mariña-Cogami»

Asociación A Mariña-Cogami

17.991,46

66

75

13.493,60

D12-32110-A109

Acondicionamento de local para creación e funcionamento de C.R.P.S.

Andaina Pro Saúde Mental

20.462,31

62

74,33

15.209,64

D12-32110-A219

Equipamento aula multisensorial

ASMIVALU (Asoc. Minus. Ulla-Umia)

9.857,88

62

74,33

7.327,36

D12-32110-A100

Proxecto de centro de recursos Íntegro: equipamento, melloras e obras

Asociación INTEGRO para a diversidade funcional de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

99.620,16

61

74,17

73.888,27

D12-32110-A147

Aula de formación

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

10.210,00

54

73

7.453,30

D12-32110-A002

Unidade de formación prelaboral e ecoviveiro

Asociación Amicos

119.222,21

52

72,67

86.638,78

D12-32110-A187

Creación de espazos adaptados para horticultura educativa social-terapéutica e equipamentos terapéuticos bio-saludables

Fundación Anduriña

41.984,41

50

72,33

30.367,32

D12-32110-A132

Adecuación da planta alta do taller de viveirismo

Asociación de discapacitados da bisbarra de Muros

169.532,30

49

72,17

122.351,46

D12-32110-A004

Servizo de transporte adaptado

Asociación Integrados

56.499,03

48

72

40.679,30

D12-32110-A266

Mellora do servizo de transporte no centro de protección de menores Inmaculada Niña

Mini Residencia Inmaculada Niña

21.222,91

48

72

15.280,50

D12-32110-A003

Unidade de atención clínica e terapéutica

Asociación Amicos

300.000,01

47

71,83

200.000,00

D12-32110-A174

Proxecto de melloras tecnolóxicas

ASMIVALU (Asoc. Minus. Ulla-Umia)

4.592,82

47

71,83

3.299,02

D12-32110-A133

As barreiras do transporte

FADEMGA-FEAPS Galicia

89.469,36

46

71,67

64.122,69

D12-32110-A096

Acondicionamento de parcela para a ampliación de actividades no centro ocupacional de Vilalba, Terra Chá

Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Psíquica Vilalba, Terra Chá

31.945,25

45

71,5

22.840,85

D12-32110-A193

Servizo de cociña do centro de recursos para persoas con discapacidade de Cogami-Deza

Cogami

17.989,10

45

71,5

12.862,21

D12-32110-A208

Reforma de nave para proxecto de inserción laboral en explotación gandeira

Fnd. Ctr. Gal. Sold. Proxecto Home

246.324,29

45

71,5

176.121,87

D12-32110-A168

Creación viveiro de empresas

A. Empresarios Sete Pontes

69.239,95

43

71,17

49.278,07

D12-32110-A214

Adquisición de plataforma elevadora eléctrica para adaptación de vehículo

Fundación Eu Son

6.882,81

42

71

4.886,80

D12-32110-A145

Adquisición de aplicacións informáticas

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

4.248,00

41

70,83

3.008,86

D12-32110-A137

Melloras de adaptación de baño para persoas con mobilidade reducida e melloras do equipamento na área de usos múltiples

Centro menores «Lar A Mercé»

23.100,49

40

70,67

16.325,12

D12-32110-A157

Adquisición vehículo

Fundación Cipri Gomes

21.998,67

40

70,67

15.546,46

D12-32110-A110

Mellora de servizos na parroquia de Paraños

CMVMC de Paraños

38.088,20

38

70,33

26.787,43

D12-32110-A161

Acondicionamento de área recreativa

CMVMC Portela de Lamas

43.562,71

38

70,33

30.637,65

D12-32110-A071

Equipamento para a creación dunha biblioteca no local da asociación

Asociación Casa Cultural Antorcha

11.303,29

37

70,17

7.931,52

D12-32110-A139

Adquisición de vehículo para transporte no medio rural

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

20.772,18

36

70

14.540,53

D12-32110-A170

ACIA Dixital

Asoc. Empresarios Chantada

17.549,55

36

70

12.284,69

D12-32110-A181

Equipamento dunha aula informática

ASPAS (Asoci. Pais Perso. Discap. Int.)

15.853,30

36

70

11.097,31

D12-32110-A057

Creación dun parque biosaudable e de xogos infantís

CMVMC de Castrelo de Cima

6.591,00

35

69,83

4.602,50

D12-32110-A136

Ampliación de centro ocupacional

ASPANANE

36.438,40

35

69,83

25.444,93

D12-32110-A149

Creación tienda on-line

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

2.832,00

35

69,83

1.977,59

D12-32110-A166

Acondicionamento do Centro Ocupacional LIMISI

Asoc. Minisv. Psíqui. Limia (LIMISI)

12.000,00

35

69,83

8.379,60

D12-32110-A106

Dotación integral de servizos recreativos e deportivos na parroquia de Abalo

CMVMC de Abalo

24.459,33

34

69,67

17.040,82

D12-32110-A151

Creación parque biosaudable e adecuación parque infantil na parroquia de Paradela

CMVMC de Paradela

65.953,59

34

69,67

45.949,87

D12-32110-A246

Acondicionamento do contorno do centro cultural de Freaza

CMVMC de Traspielas

20.100,00

34

69,67

14.003,67

D12-32110-A169

Santa Comba E-Comunicación

Asc. Empresarios de Santa Comba

18.785,60

33

69,5

13.055,99

D12-32110-A085

Instalación de pista multideportiva no lugar do Cabo

CMVMC do lugar do Cabo

43.399,31

32

69,33

30.088,74

D12-32110-A066

Construción dunha pista de pádel

Asociación de cabalistas «O Mundil»

23.530,11

31

69,17

16.275,78

D12-32110-A082

Creación de espazo biosaudable para maiores

CMVMC de Burgueira

17.655,25

31

69,17

12.212,14

D12-32110-A056

Acondicionamento da área de lecer de Cela

CMVMC Cela Bueu

15.319,04

30

69

10.570,14

D12-32110-A064

Equipamento do local social

AA.VV. de A Moimenta e Dona Elvira

4.324,70

30

69

2.984,04

D12-32110-A247

Reforma casa da cultura de Piloño

Asociación de mulleres rurais Santa Cruz de Piloño

191.548,80

30

69

132.168,67

Medida - 323 

D12-32330-A101

Valorización e conservación dun conxunto patrimonial nos Ancares lugueses: parroquia de Castro, Cervantes

AAVV Stª. María do Castro

51.376,75

38

75

38.532,56

D12-32330-A087

Reparacións na igrexa de Martul

Parroquia de Martul San Pedro

65.338,85

35

72,75

47.534,01

D12-32330-A012

Posta en valor do Petroglifo de Xampardiño

CMVMC de Santo Adrán de Calvos

9.388,88

33

71,25

6.689,58

D12-32330-A083

Conservación e posta en valor da Mámoa de Castelo

CMVMC Santa María de Arbo

16.051,15

31

69,75

11.195,68

D12-32330-A115

Acondicionamento e restauración do contorno da igrexa

CMVMC de Lamalonga

55.689,97

31

69,75

38.843,75

D12-32330-A128

Mellora do contorno da igrexa parroquial

CMVMC de Brañas

33.419,40

30

69

23.059,39