Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dos servizos do Programa de axuda no fogar.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Benestar Social. Número de expediente: 80269-301.

2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación dos servizos que integran o Programa de axuda no fogar.

Lugar de execución: o domicilio das persoas usuarias do servizo.

Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 5.800.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 26 de marzo de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación