Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10430

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO de licitación, mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios, do servizo de mantemento básico e limpeza do complexo deportivo de Monterrei para a campaña de verán de 2013 (O Pereiro de Aguiar).

1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.

2. Obxecto do contrato.

– Tipo de contrato: servizos.

– Descrición do obxecto: contrato do servizo de mantemento básico e limpeza do complexo deportivo de Monterrei para a campaña de verán 2013 (O Pereiro de Aguiar, Ourense).

– Prazo de execución: catro meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

– Tramitación: ordinaria.

– Procedimiento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

– Importe sen IVE: 71.500 euros.

– IVE (21 %): 15.015 euros.

– Importe total: 86.515 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

– Definitiva: ver número 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4, 15781 Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: www.contratosdegalicia.es e www.deportegalego.es. Teléfono: 881 99 98 40.

7. Presentación das ofertas.

– Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións finalizará o décimo quinto (15) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos a hora de peche do Rexistro será as 14.00 horas. No caso de que o último día fose sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

– Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de adxudicación: os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego na data e hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es e www.deportegalego.es

9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego