Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de intendentes da Policia Local.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, esta alcaldía presidencia fai público, a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas da oferta de emprego público do ano 2008, o nomeamento de funcionarios de carreira para a praza de intendentes da Policía Local, tras a superación do curso selectivo de capacitación na Academia Galega de Seguridade Pública, a favor das persoas que a continuación se relacionan, segundo acordo da Xunta de Goberno Local do 22 de febreiro de 2013, praza da que tomaron posesión os interesados o 1 de marzo de 2013:

Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Clase: Policía Local. Categoría: intendente.

Francisco Martínez Muñoz, con DNI 36023165-J, e Alberto Carballo Acuña, con DNI 36069952-H.

Vigo, 11 de marzo de 2013

Abel Caballero Álvarez
Alcalde