Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 21 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se anuncia o inicio do procedemento de deslindamento parcial con predios particulares do monte veciñal en man común de San Mamede, concello de Nigrán.

Unha vez emitido informe favorable sobre a proposta de deslindamento parcial con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Mamede de Priegue, concello de Nigrán, de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, acórdase sinalar a data do 3 de xuño de 2013 ás 9.00 horas para o comezo das operacións de deslindamento, que comezarán no punto denominado vértice noroeste do monte, confluencia co linde do Monte Comunal de Saiáns.

Emprázanse os lindantes e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Durante o prazo dun mes desde a publicación deste edicto, os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del, e os lindantes que desexen acreditar o que poida corresponderlles, deberán presentar os documentos pertinentes no domicilio do presidente da Comunidade, sito na rúa Eidos, nº 1, Alborés Grande, Priegue, no concello de Nigrán.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 21 de marzo de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra