Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución de obra pública hidráulica que se cita non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: abastecemento a Fontao. Vila de Cruces (Pontevedra).

Número de expediente: OH.236.1018.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 179, do 19 de setembro de 2012.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 457.033,81 euros. Importe total: 553.010,91 euros.

Data de adxudicación: 22 de febreiro de 2013.

Importe de adxudicación. Importe neto: 397.710,00 euros. Importe total: 481.229,10 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de marzo de 2013.

Contratista: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos, Tema Prioritario ou Medida 45: xestión e distribución de auga (auga potable). Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia