Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gandeira Adrio.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:

No correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse certificado da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Gandeira Adrio, celebrada o 28 de decembro de 2012, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 32 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social