Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación dos estatutos da entidade Cofuncovi, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos, «Domicilio social», da entidade Cofuncovi, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser a rúa Castrillón, nº 53, baixo A, dereita, 15009 A Coruña.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos, «Domicilio social», da entidade Cofuncovi, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser a rúa Castrillón, nº 53, baixo A, dereita, 15009 A Coruña.

A Coruña, 1 de marzo de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña