Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 51/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 66 kV Morás-Sabón-Eirís (e anexo).

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Desmontaxe do tramo aéreo existente entre os apoios 30 e 34 da liña aérea a 66 kV Sabón-Eirís (tramo da antiga LAT 66 kV Tambre-Carballo-A Coruña, expediente 10.167).

Instalación baixo a traza da liña aérea do apoio PAS 30A e retensado dos condutores entre este apoio PAS e o apoio existente nº 29.

Instalación baixo a traza da liña aérea do actual apoio 34 reforzado e retensado dos condutores ata o apoio existente nº 35.

Instalación baixo a traza da liña aérea do apoio PAS 34A e tendido dos condutores entre este apoio PAS e o apoio nº 34.

Liña de alta tensión subterránea a 66 kV, cunha lonxitude de 2.263 metros (situación provisional) e 2.240 metros (situación definitiva), coa orixe no apoio PAS 30A y final no apoio PAS 34A, condutor tipo RHZ1 36/66 kV. 1×630 mm² Al.

Con data do 20 de febreiro de 2013 Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou un anexo ao proxecto de execución no cal se proxecta manter a actual posición do apoio 34 (por motivos de consecución de permisos de paso de liña eléctrica) nas ancoraxes e cimentacións existentes e coa verificación previa da súa validez.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución e anexo da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña