Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013 pola que se dá publicidade á modificación do artigo 2 dos estatutos da Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra.

Pola Resolución do 7 de marzo de 2013, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro acordou, en execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 7 de decembro de 2011, a ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Confrarías de Galicia (folio 35 do libro 1º), da modificación do artigo 2 dos estatutos da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, referente ao seu ámbito territorial, que queda redactado do seguinte xeito:

«Desde Ponte da Barca a Punta Cocheras (límite de costa pola cara sur), de Punta Cocheras a Faro Verde (augas internas da ría de Pontevedra) e de Faro Verde a Punta Tenlo Chico (augas internas da ría de Pontevedra), de Punta Tenlo Chico a Porto de Combarro, e de Porto de Combarro a Ponte da Barca (límite pola cara noroeste)».

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro