Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013 pola que se dá publicidade á modificación do artigo 2 dos estatutos da Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó.

Pola Resolución do 7 de marzo de 2013, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro acordou, en execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 7 de decembro de 2011, a ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Confrarías de Galicia (folio 8 do libro 1º) da modificación do artigo 2 dos estatutos da Confraría de Pescadores de San Gregorio de Raxó, referente ao seu ámbito territorial, que queda redactado do seguinte xeito:

«Desde o peirao de Combarro a Punta Santa Mariña (Sanxenxo)».

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro