Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de San Sadurniño e Neda (expediente IN407A 2012/144).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre, Doso, 15597 Narón (A Coruña).

Denominación: LMTS Bouzarredonda-Fontela.

Situación: San Sadurniño e Neda.

Características técnicas:

Liña de media tensión (LMTS) soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude total de 2,339 km, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe nunha cela de liña existente no Centro de Protección e Medida de Bouzarredonda (expediente IN407A 1994/143), e final no paso aéreo-subterráneo que se vai instalar no apoio anterior ao CT Fontela (expediente 52839), e desde este apoio mediante un novo paso aéreo-subterráneo, e, utilizando outro dos tubos da canalización, remata no CT Fontela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña