Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 28 de febreiro de 2013 de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Campo da Feira, concello de Ribadavia, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Campo da Feira, concello de Ribadavia, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1483/2013.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental