Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución do expediente sancionador ES-P-0014/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 26 de marzo de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesados: Manuela Bugarín Portas e Severino Camiña Vázquez.

Expediente: ES-P-0014/12.

Último domicilio coñecido: rúa Ador, núm. 1, portal 2, 3º F, Salceda de Caselas, Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselle a resolución do procedemento sancionador ES-P-0014/12 pola que se sanciona á sociedade matrimonial formada por Severino Camiña Vázquez e Manuela Bugarín Portas cunha multa de 1.500,50 € de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Recurso: contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.