Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 10008

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre construción de área de servizo, fase 2, no parque empresarial.

Eu, José Pardo Lombao, alcalde presidente do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expoño:

Juan Carlos Tomé González, en representación da empresa Gasóleos Ceao, S.L., solicita licenza para construción de área de servizo, fase 2, na parcela situada dentro do plan de sectorización CCI Polinox, parcela 1.3, do parque empresarial de Outeiro de Rei.

De conformidade co previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula o procedemento de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que quen o desexe poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 11 de marzo de 2013

José Pardo Lombao
Alcalde