Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 10009

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedad Cooperativa de Viviendas Toldilla en liquidación

ANUNCIO das distintas xestións realizadas polos liquidadores para liquidar a sociedade.

En asemblea xeral extraordinaria, realizada ás 20.00 horas do día 29 de xaneiro de 2011, adoptáronse os seguintes acordos:

1. Informe de xestión sobre as operacións.

Infórmase a asemblea das distintas xestións feitas por parte dos liquidadores co fin de liquidar a sociedade. Faise constar que os únicos bens con que conta a sociedade son os depositados na conta corrente de Caixa Galicia e que, ao inicio da liquidación, ascenden á cantidade de 2.759,76 euros.

O dito informe apróbase por unanimidade.

2. Proposta de distribución do activo sobrante.

Preséntase o proxecto consistente en repartir en partes iguais aos socios a cantidade de diñeiro existente na conta corrente, que se publicará no Diario de Ferrol, unha vez descontados os gastos de notaría, anuncios en prensa e no correo, de acordo co seguinte balance, que se aproba por unanimidade:

Capital social

2.759,76

Caixa Galicia

2.759,76

2.759,76

2.759,76

Ferrol, 13 marzo de 2013

José López-Suevos Fernández

Juan Martínez Pardavila

Eduardo Máiz Vázquez

Liquidador 1º

Liquidador 2º

Liquidador 3º