Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 10007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información publica sobre actividade de fabricación e almacenaxe de produtos de carpintaría.

Anúnciase o trámite de información pública de expediente sometido a avaliación de incidencia ambiental promovido por MC Mesía, S.L. para instalar a actividade de fabricación e almacenaxe de produtos de carpintaría no parque empresarial de Ordes.

M.C. Mesía, S.L. solicitou licenza municipal para instalar a actividade de fabricación e almacenaxe de produtos de carpintaría nas parcelas 86, 87, 88 e 41-1 do parque empresarial do Concello de Ordes. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo e Aperturas deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ordes, 12 de marzo de 2013

Manuel Regos Boquete
Alcalde