Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 10006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de información pública sobre ampliación do cemiterio parroquial de Bemantes.

Faise público que a Asociación Veciñal A Irmandade de Bemantes solicitou unha licenza para ampliación do cemiterio parroquial de Bemantes, no concello de Miño, comprendida no anexo I do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, na epígrafe 2.12.4. «Fornos crematorios, hospitais e cemiterios».

Unha vez presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público no taboleiro de anuncios do Concello por un período de vinte días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Desta forma, todas as persoas interesadas ou que se consideren afectadas pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Miño, 6 de marzo de 2013

(Resolución 34/2013, do 24 de xaneiro)
Eva María Vilariño González
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Facenda e Persoal