Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a concesión demanial da explotación dun quiosco de tempada en Punta Vicaño.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo do outorgamento de concesión administrativa demanial para a instalación e explotación dun quiosco de tempada, con terraza, no parque de Punta Vicaño, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo do outorgamento de concesión administrativa demanial para a instalación e explotación dun quiosco de tempada, con terraza, no parque de Punta Vicaño.

2. Duración do contrato: a duración da concesión demanial será de catro (4) anos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e sen posibilidade de prórroga.

3. Prezo de licitación: sinálase como canon unha cantidade mínima de licitación de 3.000 euros por ano.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 6ª e 7ª dos pregos respectivos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 8ª, 9ª e 10ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Garantías: provisoria: non se exixe. Garantía definitiva: do 5 % do importe total do prezo total da licitación, polas catro anualidades do contrato.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

11. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web:

www.sanxenxo.es Perfil de contratante.

Sanxenxo, 4 de marzo de 2013

Catalina González Bea
Alcaldesa