Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9583

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 29 de abril de 2013 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez 3, a poxa de armas composta por 594 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 22, 23, 24, 25 y 26 de abril neste acuartelamento das 9.00 ás 14.00 horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega dos sobres, coas ofertas, rematará ás 13.00 horas do día 26 de abril.

Á poxa poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirir as armas.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

Benedicto González Delgado
Coronel xefe