Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de aprobación inicial dun convenio urbanístico.

O Pleno municipal, en sesión celebrada o día 5 de marzo de 2013, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, prestou aprobación inicial a un convenio urbanístico entre o Concello de Ribadeo e María del Carmen e María Teresa Lage Suárez para posibilitar o desenvolvemento urbanístico en terreo sito en avenida Galicia-Virgen del Camino, da superficie da parcela de referencia catastral número 7825101PJ5272N0001ZO.

Exponse ao público nas dependencias municipais, Negociado de Urbanismo, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, polo prazo de 20 días, durante o cal se poderán formular reclamacións ou alegacións.

Rematado o prazo, á vista das alegacións e de conformidade cos informes, de ser o caso, elaborarase unha proposta de texto definitivo do convenio, do cal se dará vista aos propoñentes para a súa aceptación, reparos ou, se for o caso, renuncia; o texto definitivo será posteriormente aprobado polo Pleno da Corporación, con carácter previo á súa sinatura.

Ribadeo, 6 de marzo de 2013

Fernando Suárez Barcia

Fidel Maañón López

Alcalde

Secretario en funcións