Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo para a impartición de accións formativas neste concello.

Por Decreto da Alcaldía do 6 de marzo de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 10/13).

2. Obxecto do contrato: servizo para a impartición de accións formativas no concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 70.474,50 euros (sen IVE), cun prazo de execución do 15 de abril ao 31 de decembro de 2013.

5. Dotación por lotes:

Lote 1: sector loxística 6.000,00 €

Lote 2: sector xestión e administración 13.025,00 €

Lote 3: sector prevención de riscos laborais 4.582,00 €

Lote 4: sector autómatas programables 10.227,50 €

Lote 5: sector soldadura 9.915,00 €

Lote 6: sector torno-fresado 4.750,00 €

Lote 7: sector novas tecnoloxías 3.200,00 €

Lote 8: sector imaxe persoal 2.835,00 €

Lote 9: sector comercio 6.815,00 €

Lote 10: sector alimentario e hostalaría 9.125,00 €

6. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 6 de marzo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde