Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9577

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de retirada de vehículos con guindastre da vía pública neste termo municipal.

Por Decreto da Alcaldía do 6 de marzo de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 09/13).

2. Obxecto do contrato: servizo de retirada de vehículos con guindastre da vía pública no termo municipal do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 16.000 € (13.223,14 euros + 2.776,86 euros en concepto de IVE), polo prezo unitario máximo de 38 €/vehículo retirado (máis 7,98 € en concepto de IVE), e un prazo de execución de dous anos (porrogable anualmente, durante dous anos, ata o máximo de catro anos en total).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 6 de marzo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde