Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dunha explotación avícola.

José Rodríguez Vázquez solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para un proxecto de reposición á legalidade de ampliación de explotación avícula en Castrolázaro, Vedro, Portomarín.

Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia) poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Portomarín, 14 de marzo de 2013

Juan Carlos Serrano López
Alcalde