Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación avícola de faisáns e polos.

Sergio Jesús Ceán García solicitou neste concello unha licenza municipal para abrir unha explotación avícola de faisáns e polos no lugar da Fariñeira (Pazos) Ponteceso.

Este expediente expoñerase ao público durante vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo estipula o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ponteceso, 27 de decembro de 2012

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde