Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9493

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Caldas de Reis

EDICTO (416/2010).

María Belén García Diéguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Caldas de Reis, mediante este anuncio:

No presente procedemento ordinario número 416/2010, seguido por instancia de General Electric Capital Bank, S.A. fronte a Francisco García Cascallar, pronunciouse unha sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión:

Acordo estimar a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Lucía Latorre Búa, en nome e representación da entidade de crédito General Electric Capital Bank, S.A., contra Francisco García Cascallar e condeno a este último ao pagamento á demandante da cantidade de 9.266,04 euros en concepto de principal e dos xuros pactados correspondentes, de conformidade co disposto no fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

Con expresa condena en custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e contra ela cabe presentar recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de cinco días, que se conta desde o día seguinte ao da súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, a presentación dun recurso contra a presente resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros.

O depósito da mencionada suma deberase acreditar no momento de preparar o recurso de apelación.

Están exceptuados da obriga de constituír o depósito aqueles que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta».

E dado que o devandito demandado, Francisco García Cascallar, está en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Caldas de Reis, 25 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial