Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (88/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 88/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Gruñeiro, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a demandada Gruñeiro, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 173,98 euros en concepto de achegas impagadas no período de xuño de 2007 a decembro de 2008, cantidade que se incrementará co xuro de demora do 20 %, así como ao aboamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Gruñeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 8 de marzo de 2013

O secretario xudicial