Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2012/0023-0.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de relacións laborais.

Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada no prazo dun mes contado desde a súa publicación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº de expediente

Data da resolución
Dirección Xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Montajes Dipal, S.L.

Moaña Pontevedra

RL 2012/0023-0
50101/2012/4/T(AI)

14 de decembro de 2012

Artigos 4.2.a), 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores

Artigos 7.10 e 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

26.252 €