Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de marzo de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se require a retirada dos mobles da vivenda situada no polígono de Torneiros, 3ª fase, bloque 17, portal 2, baixo, D, O Porriño, Pontevedra, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-83/490, conta 32).

Requírense aquelas persoas que puideren ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda situada no polígono de Torneiros, 3ª fase, bloque 17, portal 2, baixo, D, O Porriño, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 56 18/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 6 de marzo de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra