Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de marzo de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se require a retirada dos mobles da vivenda situada na avenida de Galicia, núm. 89, bloque 23, baixo A, Vigo, Pontevedra, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-83/410, conta 101).

Requírense aquelas persoas que puideren ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda situada na avenida de Galicia, núm. 89, bloque 23, baixo A, Vigo, Pontevedra para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 56 18/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 7 de marzo de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra