Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consesellería do Medio Rural e do Mar, polo que se emprazan as interesadas para ser notificadas por comparecencia nos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa aos expedientes de subvención número 8.0.1.24 2011/89 e 8.0.1.24 2011/10004 (Orde do 11 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2011).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, notifícaselle ás interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa aos expedientes de subvención núm. 8.0.1.24 2011/89 e 8.0.1.24 2011/10004 (Orde do 11 de marzo de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2011).

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Concédeselles as interesadas un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 8.0.1.24 2011/89.

Interesada: La Arzuana, S.C.G.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lg. Teiraboa, s/n, 15810 Arzúa (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 0.1.24 2011/10004.

Interesada: Rey y Sánchez, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Emilio Camps, 2, 15800 Melide (A Coruña).