Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-PO-0060/2012-IA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-PO-0060/2012-IA.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que a interesada teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Ambos os prazos se contan a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0060/2012-IA.

Interesado: Maureen Chourio Rubio.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último domicilio coñecido: Baixada A Mó, 5, Matamá, 36213 Vigo, Pontevedra.