Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento para declarar o reintegro total da axuda relativa ao expediente de subvención 27/03/000119.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentar sen éxito a notificación persoal por dúas veces a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 27/03/000119 (Orde do 5 de setembro de 2000 pola que se regulan os plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia).

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 27/03/000119.

Interesada: Ana Mª Torrón Díaz.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Campa de Barra 32, 27180 Soñar, Lugo.