Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de marzo de 2013 pola que se notifica Resolución do 20 de febreiro de 2013 que decreta a incautación da embarcación de nome Teresa Inés e matrícula 3ª-CO-3-1084.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello da Coruña a Manuel Raúl Trinidad Izquierdo, con DNI 78738773K, como propietario da embarcación Teresa Inés, con folio 3ª-CO-3-1084 segundo os datos que facilita a Dirección Xeral da Mariña Mercante, resolución que decreta a incautación da embarcación por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na praza Ruiz Rodríguez Lara, 1-4º B, A Coruña.

A embarcación, que presentaba danos graves no casco e no interior, foi remolcada ás instalacións do porto deportivo de Sada por persoal de Portos de Galicia por instancia da Mariña Mercante por atoparse á deriva dentro da dársena portuaria, e posteriormente retirada de maneira forzosa á zona de varada do porto por persoal de Portos de Galicia tras incumprirse a orde de retirada emitida pola Dirección o 15 de setembro de 2011 e publicada no Diario Oficial de Galicia número 203, do 24 de outubro de 2011.

A presente resolución emítaa a Presidencia de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.l) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, e ao abeiro do establecido na regra décimo quinta da tarifa E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía portuarios, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, considerando que a embarcación leva máis dun ano na zona de varada, o importe global das débedas creadas e non satisfeitas sobre ela ascende a 15.141,27 euros, e segundo taxación practicada por Portos de Galicia o seu valor máximo é de 1.500 euros.

Outórgaselle ao propietario da embarcación un último prazo de quince días, contados desde a publicación e exposición desta cédula, durante os cales poderá reclamar e retirar a embarcación depositada na zona de varada do porto deportivo de Sada, para o cal deberá poñerse en contacto coas oficinas portuarias e acreditar previamente o aboamento da totalidade dos débitos pendentes xerados pola embarcación.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, nun prazo máximo de dous meses contados desde a súa publicación ou exposición, ou recurso potestativo de reposición, perante esta presidencia, nun prazo máximo dun mes contado desde a mesma data.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia