Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do contrato de servizo apoio e asesoramento nunha operación de externalización da autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense (AG-53) e ramal ao Carballiño (AG-54), de clave OU/03/042.01 (AT/001/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18595

7) Data límite de obtención da documentación e información: 30 de abril de 2013.

d) Número de expediente: OU/03/042.01. (AT/001/2013).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo, apoio e asesoramento nunha operación de externalización da autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense (AG-53) e ramal ao Carballiño (AG-54).

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Localidade e código postal: Ourense.

e) Prazo de execución: 5 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 66171000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en contra os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 59.202,50 €, sen IVE. IVE 12.432,53 €.

5. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido nas cláusulas 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación de ofertas: 30 de abril de 2013.

b) Modalidade de presentación:

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Edificios administrativos San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18595 con tres días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de marzo de 2013.

11. Outras informacións:

a) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

b) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/o referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e o parágrafo 10 do prego de prescricións técnicas particulares.

c) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Información complementaria: tipo de poder adxudicador: administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

e) Valor estimado da comisión de éxito: 2.000.000 €.

f) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A), segundo se especifica no 3.6 Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre que contén a proposición económica e os criterios de valoración automática terá lugar na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18595, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura anterior, reflectirase a nova data no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18595

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas