Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha nave para garaxe de camións.

Santiago Gruñeiro Rodríguez solicitou desta alcaldía licenza municipal para construír unha nave destinada a garaxe de camións que se situará na parcela nº 58 do polígono industrial, San Cosme de Barreiros. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as personas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Barreiros, 11 de marzo de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde