Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de información pública sobre instalación de depósito de GLP.

Solicitada a licenza de actividade de instalación de depósito de GLP cunha capacidade de 4.000 litros (en azotea), sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Gonzalo García Viador e/r Repsol Butano, S.A, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina das 9.00 ás 14.00 horas.

Melide, 4 de marzo de 2013

Mª Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa