Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade de centro xestor de residuos no lugar de Santa Cristina de Barro (Noia).

Polo prazo de vinte días e para os efectos establecidos no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xullo, sométese a información pública o expediente de solicitude de licenza municipal para levar a cabo as obras de centro xestor de residuos, coas seguintes características:

Localización das obras: Santa Cristina de Barro, Noia (A Coruña).

Cualificación urbanística: solo non urbanizable común (rústico de protección ordinaria segundo os artigos 33, 36 e 42 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).

Uso solicitado: centro xestor de residuos

Parcela: 3.107,00 m2.

Ocupación máxima: do 14 % e inferior do 20 %.

Altura máxima: inferior a 7 metros e non supera as dúas plantas.

Lugar e horario de consulta da documentación completa: nas oficinas municipais do Departamento de Urbanismo do Concello de Noia, das 9.00 ás 14.00 horas.

Noia, 22 de febreiro de 2013

Rafael García Guerrero
Alcalde