Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO sobre solicitude de licenza municipal para a ampliación do cemiterio parroquial.

O Arcebispado de Santiago solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de cemiterio parroquial en Arca, neste termo municipal. Cumprindo o disposto na lexislación de aplicación sométese a información pública por espazo de vinte días hábiles co fin de que durante este prazo poidan examinar o expediente na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que estimen oportunas.

O Pino, 5 de marzo de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde