Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (526/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento seguido neste xulgado por instancia de José Eduardo Davila Rodríguez contra a empresa Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., sobre reclamación de cantidade, rexistrado co número 526/2012, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo aceptar e acepto integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Eduardo Davila Rodríguez contra a empresa Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.949,72 euros, incrementada nun 10 % por demora salarial.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

A secretaria xudicial