Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 8995

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de marzo de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 066 (axudante de taller, adxunto de taller) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 61, do 28 de marzo), convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 066 (axudante de taller, adxunto de taller) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Pola Orde do 5 de maio de 2008 (DOG número 90, do 12 de maio), elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Pola Orde do 15 de xullo de 2008 (DOG número 139, do 18 de xullo), procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 066 (axudante de taller, adxunto de taller) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre, convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 61, do 28 de marzo), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 3 de abril de 2013, ás 13.00 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubriren as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitaren excedencia voluntaria por incompatibilidade, deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal no cal conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa, ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Código do posto

Denominación

Cons.

Grupo-categ.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Titulación

Observacións

1

EDC994090115350135

Adxunto/a taller (carpintaría)

ED

III-066

CEE Terra de Ferrol (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

Segundo convenio

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

2

EDC994090132001010

Adxunto/a taller

ED

III-066

CEE Miño (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Segundo convenio

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

3

EDC994090136590001

Adxunto/a taller

ED

III-066

CEE de Vilagarcía de Arousa

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

Segundo convenio

Complemento salarial de singularidade por penosidade.

4

EDC994090332001001

Adxunto/a taller

ED

III-066

CEE O Pino (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Segundo convenio

Complemento salarial de singularidade por penosidade.