Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 8998

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de marzo de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 065 (oficial 1ª cociña, cociñeiro 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 61, do 28 de marzo), convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 065 (oficial 1ª cociña, cociñeiro 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Pola Orde do 28 de agosto de 2008 (DOG número 170, do 3 de setembro), elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Pola Orde do 18 de novembro de 2008 (DOG número 227, do 21 de novembro), procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 065 (oficial 1ª cociña, cociñeiro 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre, convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 61, do 28 de marzo), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 4 de abril de 2013, ás 10.00 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubriren as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitaren excedencia voluntaria por incompatibilidade, deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal no cal conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa, ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Código do posto

Denominación

Cons.

Grupo-categ.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Titulación

Observacións

1

PR8994050136001124

Oficial 1ª cociña

PR

III-065

Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Secretaría Xeral para o Deporte-servizos periféricos

Pontevedra

Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

2

EDC994090215770021

Oficial 1ª cociña

ED

III-065

CEE Manuel López Navalón

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

Segundo convenio

Complemento salarial de singularidade por penosidade.

3

TRC994021032190012

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia de tempo libre do Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

B12 = 892,20 €. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Laboral fixo-descontinuo.

4

TRC994021036350018

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia de tempo libre de Panxón

Servizos periféricos

Nigrán

Complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Laboral fixo-descontinuo.

5

TRC994021036560009

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia xuvenil Altamar

Servizos periféricos

Vigo

B12 = 892,20 €. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

6

TRC994040127190015

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Escola infantil Nª Sª Purificación

Servizos periféricos

Foz

B12 = 892,20 €.

7

TRC994040127650016

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Escola infantil de Celeiro

Servizos periféricos

Viveiro

B12 = 892,20 €.

8

TRC994040215350010

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Escola infantil Virxe do Chamorro

Servizos periféricos

Ferrol

B12 = 892,20 €.

9

TRC994080036560600

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Complexo residencial de atención a persoas dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

10

TRC994080115350048

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia de maiores (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

Complemento salarial de singularidade por penosidade.

11

TRC994080115770032

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia de maiores (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

12

TRC994080127085017

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia de maiores (Burela)

Servizos periféricos

Burela

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

13

TRC994080136170008

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Residencia de maiores (A Estrada)

Servizos periféricos

A Estrada

B12 = 892,20 €. Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

14

TRC994090127560083

Oficial 1ª cociña

TR

III-065

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

15

MRC060020327060032

Cociñeiro/a 1ª

MR

III-065

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Becerreá

Xornada especial, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.