Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9002

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de marzo de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 064 (oficial 1ª tractorista, tractorista e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 61, do 28 de marzo), convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 064 (oficial 1ª tractorista, tractorista e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Pola Orde do 28 de xuño de 2010 (DOG número 124, do 1 de xullo), elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Pola Orde do 19 de novembro de 2010 (DOG número 227, do 25 de novembro), procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 064 (oficial 1ª tractorista, tractorista e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre, convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 61, do 28 de marzo), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 2 de abril de 2013, ás 9.30 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubriren as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade, deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal no cal conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa, ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Denominación

Cons.

Grupo/Categ.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

1

MAX991000015001161

Operador/a maquinaria pesada

MA

III-064

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

A Coruña

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

2

MAX991000015001162

3

MAX991000015001163

4

MAX991000027001138

Operador/a maquinaria pesada

MA

III-064

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Lugo

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

5

MAX991000027001142

6

MAX991000032001169

Operador/a maquinaria pesada

MA

III-064

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

7

MAX991000032001171

8

MAX991000032001172

9

MAX991000032001173

10

MAX991000036001171

Operador/a maquinaria pesada

MA

III-064

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

11

MAX991000036001172

12

MRC040010232260111

Oficial 1ª tractorista

MR

III-064

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Fontefiz)

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

Coles

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.