Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de reparación de automóbiles, ramas de mecánica, electricidade, carrozaría e pintura.

Auto Center Ceao, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de automóbiles, ramas de mecánica, electricidade, carrozaría e pintura, na rúa dos Carpinteiros, parcela 14.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, a fin de que durante este prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 1 de febreiro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo