Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8936

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha nave para almacén.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente nº AC-15/13-699, que se tramita neste concello a instancia de José Luis Docampo, S.L., para a instalación de nave para almacén loxístico de produtos de panadaría e oficinas, nas parcelas nº 7 a nº 16, da ampliación do polígono industrial de Vilapouca (Ventoxo), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Forcarei, 18 de marzo de 2013

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa