Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública relativo a un centro xestor de residuos.

Sapa Contenedores y Servicios, S.L., representada por Juan Seoane Albela, solicitou nesta Alcaldía licenza da actividade para centro xestor de residuos no lugar de Feal (San Mamede de Ribadulla), neste termo municipal.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental (DOG núm. 126, do 1 de xullo), sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no DOG ou no BOP da Coruña, poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello as persoas que dalgún modo se consideren afectadas e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O expediente estará á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo aos luns, mércores e xoves, de 8.30 a 14.30 horas.

Vedra, 25 de febreiro de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde