Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8939

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Santiso en materia de recadación voluntaria.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria celebrada o 27 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«40. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Santiso en materia de recadación voluntaria e executiva da taxa pola recollida de lixo.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Santiso en relación coa seguinte materia:

• Recadación voluntaria e executiva da taxa pola recollida de lixo.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación, levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña